Saltar ao contido

Wario Land 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wario Land 3
Desenvolvedor(es)Nintendo R&D1
Distribuidora(s)Nintendo
Director(es)Takehiko Hosokawa
Produtor(es)Takehiro Izushi
Deseñador(es)Hiroji Kiyotake
Masahiko Mashimo
Masani Ueda
Isao Hirano
Shinya Sano
Compositor(es)Kozue Ishikawa
LanzamentoGame Boy Color
Xapón 21 de marzo de 2000[1]
3DS Virtual Console
Xapón 2 de maio de 2012
XéneroPlataformas
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Game Boy Color
Virtual Console
SerieWario Land
Na rede
https://www.nintendo.co.jp/n02/dmg/aw8a/index.html
IMDB: tt0283676 Youtube: UCv3-A4lykG-S_DnwVI3Iizw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wario Land 3, coñecido no Xapón como Wario Land 3: Fushigi na Orgel (ワリオランド3 不思議なオルゴ~ル, lit. "Wario Land 3: The Mysterious Music Box", é un videoxogo estreado para Game Boy Color no 2000. Neste xogo, o rival de Mario, Wario debe ceibar unha misteriosa figura que está atrapada nunha caixa de música. Lanzouse para a Virtual Console de Nintendo 3DS en 2013,[2] e como parte do servizo de Nintendo Switch Online o 8 de febreiro de 2023.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O videoxogo é semellante ó seu antecesor Wario Land II. Wario é inmortal pero aínda así os inimigos pódeno danar, e polo tanto os crebacabezas serán máis complicados. Malia que algúns inimigos outorgaranlle transformacións que se poderán usar para acceder a outras áreas, o protagonista deberá viaxar por tódolos niveis para poder atopar novas habilidades e tesouros para poder acceder a outros niveis e completar o xogo. O mundo da caixa de música divídese en catro áreas: Leste, Oeste, Norte e Sur; cada unha cos seus niveis.

Cada nivel ten catro cofres de tesouros coas súas chaves cada unha. As cores dos cofres están na orde aproximada na que están pensados para ser abertos; gris, vermello, verde e azul. Esta orde non é fixa, xa que a miúdo cando un cofre de tesouro no pode ser alcanzado, Wario debe retroceder e recuperar un novo artigo para facelo accesible.

  1. "Nintendo - Customer Service / Game List". Nintendo.com. Consultado o 2009-08-05. 
  2. "Wario Land 3". Nintendo.com. Nintendo. Consultado o 28 de febreiro de 2022. 
  3. Plant, Logan (2023-02-08). "Nintendo Switch Online Adding Game Boy and Game Boy Advance Games". IGN (en inglés). Consultado o 2023-02-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]